21/11/13

EU SON

...Maria del Mar Ferraces, de 2º C de ESO. Vivo nas Cazallas Castro, un campo moi bonito, no que hai unha igrexa que acaban de reformar este ano. A igrexa é moi grande e ten unha parte de arriba na que hai bancos e un balcón, abaixo hai máis bancos e está o altar. Ao lado da igrexa hai un lavadoiro no que agora non se pode lavar a roupa porque non ten auga.Hai dous lavadoiros máis na aldea, nos que si que se pode lavar. O cruceiro da parroquia é moi bonito. Antes estaba cerca do lavadoiro, pero foi trasladado á beira da pista, pegado ao meu prado. O novo solo do cruceiro é de pedra, con croios pequenos. Temos un campo da festa grande, no que quedaron arcos de igrexa. No verán celebramos a festa neste campo. A miña casa é grande e ten dúas plantas altas. Hai dúas casas pegadas á miña. No hórreo teño unha cadela chamada Laica. E teño unha corte onde dormen as vacas e os becerros. Tamén teño un can chamado Rex. Ao lado dos becerros teño 39 galiñas, porcos e coellos. Por ultimo teño unha corte para a potra, que se chama Palomita.

20/11/13

Eu vivo en...

A miña leira, que agora ten nabos
A Fraga e a miña parroquia é Vilamor, que pertence ao concello de Toques.
É un sitio con moita arboreda. Teño unha casa, unha cuadra, un galiñeiro, dous palleiros, unha eira, un hórreo e moitos prados.
A miña casa está moi afastada dos veciños mais cercanos.
A casa non é moi grande pero a min encántame. ¡Un lugar marabilloso!
Sandra Varela García, 2º Bde E.S.O

19/11/13

EU SON

í
Muíño de Belmil
Carlos, un rapaz de quince anos e vivo en Melide, na Ronda de Pontevedra, pero case todos os fins de semana pásoos na aldea, onde hai  un ambiente que me encanta porque respiras aire natural e ademais é un lugar moi tranquilo. A miña aldea está no concello de Santiso, na parroquia de San Pedro de Belmil, chámase Penaposta. O meu avó na súa  época foi muiñeiro, todos os veciños da aldea ían moer o trigo, o centeo e o millo á súa casa.
Os muíños tiñan unha parte de abaixo que se chamaba pé do muiño e a parte de arriba chamábase moa. A muega era a parte do muíño que servía para botar o gran. Moi preto de Belmil pasa o río Ulla, onde moitas veces vou pescar co meu pai. Alí temos animais: galiñas, coellos, porcos e pavos. Tamén temos un pequeno tractor para facer os traballos da horta.

14/11/13

EU VIVO EN ....

O meu lugar favorito
Nunha aldea chamada Sobradelo, que pertence ao concello de Melide. Non é moi grande, pero gústame. As casas non estan moi afastadas unhas das outras. O meu lugar favorito cando estou triste ou necesito estar soa é a un prado no que hai unha pena ancha e alongada. Gústame ir alí porque pensas e falas soa, e o que mais me gusta é que te sentes libre, non hai ninguén que che diga isto está mal, isto está ben. Non
hai ninguén que te discrimine.
Nerea Loureio Gómez, S2B