17/04/15

HOMO HABILIS: A ESCRITURA

Para conmemorar o Día do Libro, nas clases de reforzo estamos a traballar cos alfabetos, que son unha faceta máis do Homo Habilis, o noso tema de traballo da biblioteca para este curso. Ao grupo de 2º A de ESO tocoulle traballar sobre o alfabeto grego, velaí o seu traballo.

06/04/15

A ILLA DO TESOURO NA RADIO

Despois de moitas semanas de gravación, con vacacións e pontes polo medio, as rapazas e rapaces de reforzo de 2º B de ESO conseguiron rematar de gravar o programa nº 2 de Reforzando, unha adaptación radiofónica dos primeiros capítulos de A Illa do Tesouro de R. L. Stevenson.

Nela os cinco locutores tiveron que narrar e interpretar as voces de Jim Hawkins, á nai de Jim, ao doutor Livesey ao Fidalgo Trelawney, ao capitán Billy Bones e aos piratas Can Negro e cego Pew. Nesta primeira parte aínda non aparece en escena Jhon Silver, o pirata cunha soa perna que tanto teme o sinistro capitán Bones, sempre bébedo e ameazane na taberna do "Almirante Benbow".
O texto no que nos basemaos foi á versíon ao galego feita por Xavier alcalá e editada en Xerais. 

Velaí a nosa grabación. que tamén podes escoitar na nosa emisora Falamelide.