20/11/14

UNHA CURTA MOI ESPECIAL: EL VENDEDOR DE HUMO

Velaí unha curtametraxe que levou unha chea de premios: El vendedor de humo, que levou unha chea de premios hai dous anos. Mírao con atención e fai as actividades que están abaixo.

  1. Resume nun máximo de sete liñas o contido do vídeo.
  2. Explica o título, centrando sobre todo nas cualidades do fume.
  3. Busca algún refrán coa palabra "fume" 
  4. Cres que esta curtametraxe nos pode contar algo máis que a historia dun vendedor? 
  5. Imaxina que tes que facer ti unha curta con este mesmo argumento pero máis real, situada na Galicia do ano 2014. Describe brevemente quen sería o/a "vendedor/a", que vendería, quen serían os seus clientes e como acabaría a historia.

14/02/14

QUINCENA DOS NAMORADOS

A Candeloria celébrase o 2 de febreiro e nela os cregos bendicen as candeas que os fieis deben ter accesas durante a misa e que logo levan as casas para que os protexan nas treboadas. A Candeloria é tamén unha festa que celebra a proximidade da primavera, Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, e o tempo no que as aves se aparean, Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola, polo que en Galicia celebramos o día dos namorados. Outro día máis coñecido no mundo occidental como día dos namorados é o 14 de febreiro, día de S. Valentiño. Nas clases de reforzo aproveitamos o tema de traballo da biblioteca "Un ano de película" e escollimos e comentamos uns cantos bicos de película.

13/02/14

Teño 40 anos

Chámome Sandra e teño 40 anos. O meu aspecto cambiou sobre todo polas engurras,teño peor os osos, sobre todo os das pernas. Polo demais consérvome bastante ben. O pelo rizóuseme bastante como eu quería desde pequena. Medrei cambiou ahora son mais tranquila, mido máis ou menos 1,70 m
Penso que o meu carácter cambiou, agora son máis tranquila , pero a miña forma de ser penso que é igual.
Agora vivo en Madrid co meu marido e os meu dous fillos: Chrístian de 7 anos, e Estéban de 4 anos.
Temos dous coches, un Audi vermello, e un Megane azul. O audi vermello é meu e o megane é do meu marido. Vivimos cerca de un supermercado, no que traballo eu. Cando o meu marido está de vacacións, pode quedar na casa cos nenos mentres eu vou traballar. Normalmente, eu levántome ás 8:15 porque teño que preparar o almorzo, ducharme, lavar os dentes, e deixarlle o almorzo e a roupa aos nenos para ir o colexio, que entran as 10:00. Cando volvo teño o xantar feito, porque está miña sogra na casa. Os nenos chegan a 13:45 a casa e eu chego as 14:15.
Meus pais e meu irmán viven en Villamor, e están moi contentos. Cando a min me dan as vacacións imos unha semana a casa de meus pais.
No tempo libre, axúdolles aos meus fillos cos deberes e fágolles a merenda. Cando podo, xogo con eles.
Penso que a miña vida non cambiará, estou contenta co que teño, mesmo a miña vida pode ir a peor dependendo de canto me paguen... Porque si o pensamos ben, dous fillos, un marido e eu gastamos bastante.
Agora como na segunda avaliación os meus fillos sacaron moi boas notas e ningún suspendeu ningunha, eu máis seu pai decidímoslle facer un regalo. Preguntámoslles que animais lles gustaría ter a cada un no piso como mascotas e Christian quixo un can dos que non medran, e Esteban un hámster. Ao principio creímos que era demasiado, pero logo pensámolo e comprámoslles cadansúa mascota. Christian chamoulle Wyllyan o seu can, e Esteban Switte ao seu hámster.
Quedaron moi contentos cos animais, e nos tamén moi contentos con eles.
SANDRA VARELA GARCÍA 2ºb

TEÑO 40 ANOS



Estou normal, nin moi gorda nin moi delgada. Son simpática e bastante divertida.
Os meus avós non viven, os meu pais son maiores, lévome ben cos meus irmáns. Vivo coa miña parella, teño un neno que se chama Manuel, e unha nena que se chama María. Vivo en Melide, porque me gusta, e traballo aquí como profesora de gardería. Tamén traballo como deseñadora de moda. Gaño moitos cartos, aínda que traballar en dúas cousas e bastante difícil. Estes foron e son os traballos que sempre me gustaron. Agora no meu tempo libre gústame ir cos meus fillos e coa miña parella ao centro comercial.
O futuro non se pode predicir, máis aínda cando nos queda moita vida por diante, pero penso que seguirei vivindo onde vivo e traballando no mesmo, e cando me xubile gustaríame estar cos meus netos.
Nerea Loureiro Gómez, 2ºB

04/02/14

Teño 40 anos


Teño o pelo branco, engurras na cara, estou delgada porque non como nada. Traballo nun restaurante en Bilbao e gaño o suficiente. Son un pouco menos cortada que cando era nova.
Morréronme meus avós cando tiña 20 anos. Non teño fillos porque non quixen telos. Vivo co meu pai, nun barrio de Bilbao. Gústame ir as festas e saír polas tardes e as noites. Tamén me gusta ir de paseo cos meus amigos. No futuro seguirei vivindo onde vivo agora en Bilbao. Cando me xubile quero ir de vacacións a Inglaterra e visitar os sitios que hai alí e á miña familia
Paula Barallobre Ayude, S2C

TEÑO 40 ANOS


Eu son un home delgado e alto.Cambioume a cor do pelo. De momento non teño fillos nin parella. Traballo de carpinteiro xa que me gusta e gaño moitos cartos. O que máis me gusta no meu tempo libre os videoxogos como cando era rapaz, e cando podo tamén me gusta ir ao Bernabeu ver algún partido do Real Madrid. Os meus amigos téñenme por simpático e gustame estar de troula.
Carlos Rouco, 2º C de ESO

Teño 40 anos

Si me imaxino con 40 anos sería:

Ainda que pensaba que non ía medrar máis, cheguei a medir 1,60. Agora púxoseme o pelo loiro, xa que antes tíñao marrón. Cando era pequena era moi tímida e agora son aberta e extrovetida, encántame saír cos amigos e estar coa familia, tamén me gusta viaxar, o meu soño sería ir a Nova York, aínda que non o conseguín, sigo intentando ir alí. Algúns dos sitios que cheguei a visitar foron París, Londres, Madrid...
Vivo nunha cidade, nun piso de Bilbao, en Portugalete. Non teño ningunha queixa de vivir alí, ao contrario, gústame moito este lugar. Traballo na ITV en Bilbao, nas oficinas, traballando aquí fixen novos amigos pero sigo botando de menos a miña terra Galicia. Vou en vacacións para ir visitar a meus amigos e algúns familiares, xa que a metade de nós viñemos para aquí.
Os meus pais seguen vivos, están ben, coma sempre como o resto dos meus familiares.
Gústame ler, cousa que antes non me gustaba, tamén me gusta pasar o tempo cos amigos.
Cando me xubile gustaríame seguir facendo o que fago, divertíndome cos meus amigos, familiares...
Lévome moi ben con todos os meus familiares, por sorte teño o diñeiro necesario para vivir, e estou feliz por ter esta vida.

                                                                      NOELIA CEA 2C

03/02/14

Teño 40 anos


Son un home de 40 anos co pelo curto e negro , mido 1,80. O meu carácter cambiou pouco , antes era calado e agora falo algo máis, pero pouco. Son algo agresivo e enfádome facilmente. Vivo coa miña parella, levámonos ben ca familia, teño dous fillos e vivo en TOQUES. Traballo de mecánico en Melide, nun taller de tractores no polígono e gaño 1400 €, que son suficientes para vivir máis ou menos ben. Gústanme moito os coches, pero teño un normal. Tamén teño algún gando: 20 vacas nunha finca da aldea para pasar o tempo nos fins de semana .
Despois xubilareime e vivirei traballando algo, pero pouco, só nos labores da casa: horta, algún gando para un diñeiro extra.
Jorge Iglesias Rouco 2B

30/01/14

Teño 40 anos


Teño 40 anos, non sou gordo nin delgado teño o pelo negro máis os ollos marróns, son máis alto que cando tiña 15 anos, mido 1,80 m. Estou traballando nun taller en Vila de Cruces. Miña irma vive en A Coruña, mais meu irmán en Melide. Meus pais tamen viven en Melide. Vivo coa miña parella máis cos meus dous fillos en Melide.
Cando marcho traballar levo aos meus fillos ao instituto de Melide.
Todos os meses páganme 1500 euros e teño catro coches: un Mustang, un Peugeot 306 turvo, un Audi A5 mais un BMW M5. Meu pai deume o meu primeiro coche, que foi o que tamén el primeiro comprou. Despois comprei un Mustang e logo, máis tarde, o BMW M5. O Audi A5 é da miña parella. 
BORJA VÁZQUEZ GARCIA. 2eso b

TEÑO 40 ANOS

O meu aspecto agora é moi distinto ao de antes. Agora teño moitas canas non estou nin gordo nin delgado, estou normal, peguei un bo estirón. A miña forma de ser non cambiou moito, creo que son agradable, pódese dicir que simpático, porque me gusta facer chistes. Son alegre non me gusta estar amargado.
Os meus avós xa non viven, morreron hai dez anos e os meus pais non están mal de saúde, pero xa non son novos. Lévome ben cos meus irmáns e vivo coa miña parella, pero non teño fillos. Eu vivo en Melide porque xa de rapaz vivía aquí e gústame. A min gústame o meu traballo, son mecánico que era o meu soño dende neno. Gaño os cartos suficientes para vivir ben. Non traballei antes en outras cousas. O que me gusta facer no meu tempo libre é ir de caza e ir comer por aí coa familia e cos amigos. Divírtome vendo sitios.
Eu creo que no futuro vou seguir vivindo no mismo sitio e traballando no mesmo. Cando me xubile gustaríame ir para a aldea ter uns animaliños e estar ao meu aire.
Adrián Couso, S2C