31/01/15

GRÚAS PARA O DÍA DA PAZ

Este ano, na liña do noso tema de traballo na biblioteca Homo Habilis, decidimos celebrar o día da paz facendo centos de grúas en papiroflexia. Na orixe desta actividade está nunha petición que fixo Sadako Sasaki (1943-1955), enferma de leucemia debido á radiación da bomba atómica, que pediu a paz e a curación para todas as vítimas inocentes da guerra aferrándose a unha antiga lenda xaponesa que dicía que quen fai mil grúas de papel ve cumpridos os seus desexos.
Na aula de reforzo buscamos outra lenda relacionada coas grúas no mundo clásico, as grúas que delataron aos asasinos do poeta grego Íbico, converténso así nun símbolo de xustiza. Este é o texto que redactamos e o mural que confecionamos na clase:
Íbico foi un poeta grego do século VI a. C, que compuxo principalmente poesía amorosa. Naceu no sur de Italia, pero pasou a maior parte da súa vida na illa grega de Samos, protexido polo tirano Polícrates. Viviu unha vida chea de aventuras e viaxes. Cóntase que estando unha vez na cidade grega de Corinto, o poeta foi mortalmente ferido por uns ladróns. Mentres xacía moribundo, viu un numeroso grupo de grúas que voaban sobre a súa cabeza e, impotente, invitounas a vingar a súa morte. Os ladróns, que eran de Corinto, logo de cometer o crime dirixíronse ao teatro a ver unha representación. Alí apareceron as grúas. Un dos ladróns, nun xesto de burla ao ver as aves, berrou: “Observade aos vingadores de Íbico!”, e así eles mesmos deron a pista para a súa detención polo crime cometido. A frase "AS GRÚAS DE ÍBICO" converteuse así nun proverbio entre os gregos polo descubrimento do crime a través da intervención divina, vendo a converterse este animal nun símbolo de xustiza e axuda aos desvalidos.


16/01/15

A MIÑA HABITACION

A miña habitación é de cor violeta, grande e moi luminosa. Teño un escritorio para facer os deberes, tamén teño un ordenador, na cama teño moitos peluches. Teño moitos posters de ONE DIRECTION porque cantan moi ben, en especial Harry Styles, que é un cantante moi interesante e sempre sae con cousas moi curiosas. Tamén teño un portaretrato cunha foto na que estamos a miña amiga Alexia mais eu. Ela é como unha irmá para min, sempre compartimos todo ata que tiven que vir a este cole. Agora só nos vemos o fin de semana.

15/01/15

A miña habitación

A miña habitación é grande. Teño pósters de tractores, animais, camións ... porque me gusta moito a granxa. Tamén teño un debuxo dun tractor feito por min. Hai un armario onde están as botas de xogar ao fútbol na parte de arriba. Onda a ventá, nun andel está a televisión, cerca da cama porque me gusta moito vela pola noite. Pola ventá  vexo  a casa do veciño.
Teño unha mesiña onde teño as miñas cousas persoais. Teño un andel para os libros. Ao final da habitación está o escritorio, onde fago os deberes da escola, encima do escritorio teño o ordenador, que algunhas veces uso para cousas da escola, aínda que agora está estropeado. E esta habitación tan grande, bonita e colorida é para min só, non a comparto con ninguén.

A sala de profesores do IES de MELIDE

Esta sala está indo por un corredor que está enfronte da porta de entrada, cando entras poderás ver a mesa  que está no centro da sala, na porta al lado están os percheiros onde se colocan as carpetas e os abrigos, debaixo hai unhas papeleiras, nesa mesma parede, nun andel, están as amonestacións e os partes de expulsión.
Máis a dereita hai un sofá que aparenta ser muy cómodo ao seu lado hai unha planta e logo está a fotocopiadora, tamén hai moitos ordenadores donde eles poden buscar información para su traballo.
Dende a porta de entrada podense ver tamén as taquillas que ten cada profesor/a para os seus materiais.
Cando hai máis profesores na sala é no recreo.

Xefatura

O despacho de xefatura de estudios está na planta baixa do IES de Melide, entrando por a porta principal e seguindo de fronte.
Dentro hai un moble que contén os arquivos dos cursos anteriores. Hai dúas mesas, unha da xefa de estudios da tarde e outra da xefa de estudios da mañá. Hai un cadro sin colgar, apoiaodo na parede. Hai un tefelefono fixo sobre una das mesas. Este espazo é moi sobrio, está moi pouco decorado. Hai un corcho con información dos alumnos, hai un ordenador con altavoces en cada mesa. Unha mesa é máis pequena e está onda a ventá que dá cara o patio. As paredes son amarelo rechamante as mesas están menos cheas de cousas cas de direción.
Dame medo entrar neste despacho  porque che botan broncas.

14/01/15

A miña habitaciòn

Na miña casa hai tres habitacións, a máis grande é a de meus pais e despois está a miña. Cando entramos na habitación, o primeiro que vemos é unha porta de cristal. As paredes son azuis, nelas está un cartel que me fixeron os meus amigos e amigas polo día do meu aniversario, un diploma que me deron no colexio, e un mosquito de plástico que me serve de adorno. Teño tres mesiñas, nunha teño o neceser, noutra teño retratos da primeira comunión de meus primos e na mesiña máis grande teño aínda máis retratos de bautizos de amigos, de familiares...
En fronte da cama teño dous armarios grandes. Nun teño a roupa que uso para salir, e noutro as sabas e tamén a roupa que uso para andar pola aldea. Os dous armarios teñen un espello por diante.

O despacho de orientación

ESTE É O ANDEL CHEO ATA REBENTAR
O despacho de orientación é o lugar de traballo de Yolanda, a orientadora, e outras persoas coma Ana. Está na planta baixa, entrando á esquerda pola porta principal do meu instituto, o I.E.S de Melide. Ao entrar no despacho tiven unha sensación moi agradable, víase todo moi ben organizado e ulía a un perfume moi rico. É un sitio con moi boa iluminación. O primeiro que chamou a miña atención foi un andel cheo de libros de todas as clases. Encima dun moble de caixóns hai unha botella de auga baleira e ao lado un vaso con un resto de café. No taboeiro hai moitos papeis, todos distintos. Enriba da mesa hai un arquivador, duas grampadoras, panos, celo, un calendario pequeno e un lapiceiro. Na outra mesa hai un ordenador, tamén hai unha impresora, un telefono fixo e papeis. No lado esquerdo, onda o andel enorme que estaba a rebentar libros, libretas, arquivadores..., hai unha caixa con pinturas, no chan hai unha caixa con máis papeis, supóñome que serán para reciclar. Hai nove cadeiras todas distintas porque se soen facer reunións con profesores, pais e nais, alumnas e alumnos...
     

11/01/15

A MIÑA HABITACION

A miña habitación non é nin grande nin pequena. Está pintada de cor azul. Nela teño un escritorio para estudar, unha lámpada, tres enchufes, unha ventá grande, unhs andeis no que teño os libros de instituto, unha mesiña, unha cama. Na habitación é onde paso máis tempo, alí fago os deberes, estudo, escoito música, ando co ordenador, coa tablet é co móbil e xogo aos vídeo-xogos.
Tamén debuxo, que é algo que me gusta moito facer. Velai aí o debuxo da miña habitación.

09/01/15

A MIÑA HABITACIÓN

A miña habitación é de cor morada. Ao principio era de cor branca, pero ao quitar boas notas deixáronma poñer da cor que eu quixese. Elixín o morado porque me gusta esa cor e é a miña preferida. Toda a xente que entra no cuarto xa sabe que é o meu pola súa cor e pola roupa da cama.
Teño unha cama bastante grande na que hai unha manta que vai a conxunto coas paredes. Ao lado está unha mesiña na que puxen cadros con fotos nas que saio. Ao fondo está o escritorio onde teño libros, os dicionarios e onde fago os deberes, por suposto. Teño un roupeiro tamén a conxunto co resto da habitación. O chan é de plaqueta, pero quero poñer tarima flotante porque me gusta. No chan teño dúas alfombras que están a conxunto con toda a habitación.
A habitación é moi acolledora porque está á beira da cociña e é a que sempre está máis quente. Polas tardes sempre vou para alí a facer os deberes e despois estou co móbil ou co ordenador. Despois desta descripción, creo que quedou claro que a miña habitación é moi bonita e me gusta moito. Se alguén entrase por primeira vez na miña habitación, penso que se fixaría nas fotos que teño na mesiña, ao lado da cama, tal como podedes ver na foto.

08/01/15

O DESPACHO DE DIRECION DO IES DE MELIDE

mesa de Anabel
Vou investigar o despacho de Anabel, a vicedirectora, e alí tamén esta Xaime, o director. Hai bastantes andeis, cheos de papeis. A parede é de cor crema, hai bastantes mobles de cor cálida en contraste con cores oscuras, tamén hai mobles plegables que fan que sexa posible aproveitar mellor o espazo. As cadeiras son grandes e moi cómodas para traballar.
As mesas son moi amplas e están cheas de cousas, tamén hai un corcho con calendarios. Agora vou explicar as diferenzas entre a mesa do director e a mesa da vicedirectora. A mesa de Xaime, o director, ten bastantes papeis e moitos lápices e é  moi cómoda. A mesa de Anabel a vicedirectora está adornada e ten moitos lápices de cores, folios  e tamén cadros e debuxos.
 En resumo, que é un lugar moi agradable e non che dá reparo entrar.