03/12/12
POR FIN NA RADIO!!
Despois de varias semanas de traballo, conseguimos grabar un programa de radio en Falamelide, a emisora do IES de Melide. Neste primeiro traballo, que se titula de xeito pouco orixinal "Reforzando",quixemos poñer nas ondas parte do que traballo que facemos na clase: ler,entender e escribir. Primeiro limos a coñecida fábula de Esopo A cigarra e a formiga nas versións do propio Esopo, en prosa e moi breve, e Samaniego, en verso e algo máis longa. Logo limos a historia Frederick, de Leo Lionni, editada en Kalandraka, e atopamos moitas semellanzas e algunha diferenza entre ámbalas dúas historias. Escribir o guión levounos algo de tempo, foi un traballo en equipo que fixemos en Google Drive, que moitos de nós usabamos por primeira vez. Despois veu a fase de gravación, non conseguimos arrancar até que David, o profe de música, botounos unha man e conseguimos entender o funcionamento de todos (ou case todos) os aparatos da radio. E despois veña a a grabar unha e outra vez, intentando non confundirnos, nin reirnos... E xa non vos explicamos máis porque é mellor que escoitedes o noso programa. (Que non será o último! agardamos...)
30/11/12
VINGANZA TERRIBLE
Na aula de reforzo de 2º limos unha nova no xornal El País na que se vía esta imaxe. No artigo, que podes ler aquí, refíresenos que seis palestinos acusados de colaborar con Israel foron asasinados e arrastrados polas rúas dun barrio de Gaza. Este acto de vinganza parécenos terrible e recórdanos aquel outro de Aquiles con Héctor, cantado polo poeta Homero na Ilíada. Como é posible que os homes sigamos facendo as mesmas brutalidades que hai 3000 anos?. O progreso é matar e humillar a un home arrastrando o seu cadáver con motos en vez de cabalos?
Muerte de Héctor

09/11/12
Á lus do candil
Pois así fixemos nós a semana pasada, só que en vez de candil, acendimos velas para dar máis ambientación. Os contos gustáronnos e en breve imos facer un programa de radio con eles e engadiremos aquí a ligazón.
07/11/12
PRESENTÁMONOS

Somos poucos en clase e iso permítenos traballar mellor en equipo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)