09/11/12

Á lus do candil


A pasada semana, en vésperas do día de difuntos ou Samaín, limos na clase de reforzo de 2º B un par de historias de medo. Eran contos de mortos e aparecidos, sacados do libro A lus do Candil do escritor lugués Anxel Fole. Nos tempos dos nosos avós e bisavós, cando non había luz eléctrica, ao chegar esta época do ano, cos días tan curtos, había máis tempo de lecer. Daquela ao non haber luz non había tampouco tele, nin moito menos internet, móbiles e todo o demais. Non había libros tampouco, polo que a xente púñase a carón do lume en casas ou tabernas e contaba contos a lus do candil.
Pois así fixemos nós a semana pasada, só que en vez de candil, acendimos velas para dar máis ambientación. Os contos gustáronnos e en breve imos facer un programa de radio con eles e engadiremos aquí a ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario