17/06/18

O NOSO SITIO

Dende que o mundo é mundo as mulleres e homes levamos moito facéndonos as mesmas preguntas: Quen somos? de onde vimos? onde vamos?... Por suposto que na clase de reforzo non somos quen de respondelas, pero un bo punto de partida para saber quen somos é coñecer o sitio no que vivimos e cal é a nosa relación con el.
Nestes sinxelos traballos que realizamos no 3º trimestres na aula de Reforzo de 1º A de ESO afondamos un pouco neste tema e aprendimos unhas cantas cousas:
- Coñecimos mellor o noso entorno e descubrimos que, aínda que sexa un lugar pequeno como unha
aldea, temos un rico patrimonio que non valorabamos. Non sabiamos que as igrexas, os cruceiros e mesmo algunha fonte chea de silvas eran tan antigas e tiñan unha historia detrás.
- Decatámonos como a poboación nas aldeas vai diminuindo, e aínda vai disminuir máis porque ninguén quere quedar nelas
- Eric e Gianfranco, que veñen de países como República Dominicana e Venezuela descubriron datos dos seus países que descoñecían: a orixe do seu nome, a poboación, moito máis densa que en Melide, lugares marabillosos que non visitaron...
- Hai lugares con persoas importantes, como Málaga, a cidade na que viviu Carmen, que foi o lugar onde naceu o gran pintor Pablo Picasso; ou persoas valientes como as irmás Mirabal, que loitaron contra o ditador dominicano Leónidas Trujillo, ou libertadores como o venezolano Simón Bolívar. Pero as persoas realmente importantes son as que queremos, os nosos pais, tíos, avós, curmáns... que fan que un sitio sexa realmente noso.
- Aprendimos a facer un traballo seguindo un esquema previo e démonos conta do importante que é sinalar as fontes que consultamos e as imaxes que usamos.
- Por último, moitos aprenderon a traballar con ferramentes de google, como as presentacións en Drive, que permiten compartir un documento e traballar de forma colaborativa.

Velaí os nosos traballiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario