Un dos proxectos que traballamos este curso en Reforzo de Competencias Básicas nas aulas de 1º de ESO foi o Corremelide, a carreira popular que celebramos o último venres de maio na que participan todos (ou case) os escolares de Melide. Este ano participaron tamén algúns estudantes do IES de Arzúa e. ademais, neste mesmo día o IES de Melide foi o anfitrión da X Olimpíada Tecnolóxica, na que participaron centros de secundaria de toda Galicia.
No curso de 1º A de ESO decidimos facer un programa de radio, Corremelide nas ondas, aproveitando a información e coñecementos que adquirimos nas áreas de ciencias sociais, educación física, bioloxía...
Este programa emitirase en Famelide, a radio do instituto no 90.5 FM ou na nosa web Falamelide. Velaí o resultado.
Comezamos a nosa andaina deste curso 2015-16 cun proxecto interdisciplinar arredor do almorzo saudable. Traballamos este tema en case todas as materias: educación física, matemáticas, sociais, naturais, inglés, francés, reforzo... coordinándonos e traballando en equipo na hora de Reforzo de Compentencias Básicas. Pola nosa parte grabamos un programa de radio para a nosa emisora FALAMELIDE no que analizamos o que almorzamos e cales serían os ingredientes necesarios para facer un bo almorzo, comida imprescindible para comezar ben o día e sentirnos a gusto no instituto.
Este programa foi realizado polas alumnas e alumnos de 1º B de ESO que están na foto: Iván Abeledo, Patricia Barco, Santi Cabo, Álex Casal, Diego Couso e Álex Graña.
Como é o noso primeiro programa de radio, temos algúns erros que iremos solucionando ao longo do curso, e ao gravalo descubrimos grandes vocacións de locutores e locutoras, quen sabe se de aquí sairá algún profesional da radio!. Xulgade por vos mesm@s escooitando o noso programa, que tamén podedes escoitar na web de Falamelide
Despois de moitas semanas de gravación, con vacacións e pontes polo medio, as rapazas e rapaces de reforzo de 2º B de ESO conseguiron rematar de gravar o programa nº 2 de Reforzando, unha adaptación radiofónica dos primeiros capítulos de A Illa do Tesouro de R. L. Stevenson.
Nela os cinco locutores tiveron que narrar e interpretar as voces de Jim Hawkins, á nai de Jim, ao doutor Livesey ao Fidalgo Trelawney, ao capitán Billy Bones e aos piratas Can Negro e cego Pew. Nesta primeira parte aínda non aparece en escena Jhon Silver, o pirata cunha soa perna que tanto teme o sinistro capitán Bones, sempre bébedo e ameazane na taberna do "Almirante Benbow".
O texto no que nos basemaos foi á versíon ao galego feita por Xavier alcalá e editada en Xerais.
Despois de varias semanas de traballo, conseguimos grabar un programa de radio en Falamelide, a emisora do IES de Melide.
Neste primeiro traballo, que se titula de xeito pouco orixinal "Reforzando",quixemos poñer nas ondas parte do que traballo que facemos na clase: ler,entender e escribir. Primeiro limos a coñecida fábula de Esopo A cigarra e a formiga nas versións do propio Esopo, en prosa e moi breve, e Samaniego, en verso e algo máis longa. Logo limos a historia Frederick, de Leo Lionni, editada en Kalandraka, e atopamos moitas semellanzas e algunha diferenza entre ámbalas dúas historias.
Escribir o guión levounos algo de tempo, foi un traballo en equipo que fixemos en Google Drive, que moitos de nós usabamos por primeira vez. Despois veu a fase de gravación, non conseguimos arrancar até que David, o profe de música, botounos unha man e conseguimos entender o funcionamento de todos (ou case todos) os aparatos da radio. E despois veña a a grabar unha e outra vez, intentando non confundirnos, nin reirnos...
E xa non vos explicamos máis porque é mellor que escoitedes o noso programa. (Que non será o último! agardamos...)