A miña habitación é de cor violeta, grande e moi luminosa. Teño un escritorio para facer os deberes, tamén teño un ordenador, na cama teño moitos peluches. Teño moitos posters de ONE DIRECTION porque cantan moi ben, en especial Harry Styles, que é un cantante moi interesante e sempre sae con cousas moi curiosas. Tamén teño un portaretrato cunha foto na que estamos a miña amiga Alexia mais eu. Ela é como unha irmá para min, sempre compartimos todo ata que tiven que vir a este cole. Agora só nos vemos o fin de semana.
Amosando publicacións coa etiqueta a miña habitación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta a miña habitación b>. Amosar todas as publicacións
16/01/15
15/01/15
A miña habitación
Teño unha mesiña onde teño as miñas cousas persoais. Teño un andel para os libros. Ao final da habitación está o escritorio, onde fago os deberes da escola, encima do escritorio teño o ordenador, que algunhas veces uso para cousas da escola, aínda que agora está estropeado. E esta habitación tan grande, bonita e colorida é para min só, non a comparto con ninguén.
14/01/15
A miña habitaciòn
Na miña casa hai tres habitacións, a máis grande é a de meus pais e despois está a miña. Cando entramos na habitación, o primeiro que vemos é unha porta de cristal. As paredes son azuis, nelas está un cartel que me fixeron os meus amigos e amigas polo día do meu aniversario, un diploma que me deron no colexio, e un mosquito de plástico que me serve de adorno. Teño tres mesiñas, nunha teño o neceser, noutra teño retratos da primeira comunión de meus primos e na mesiña máis grande teño aínda máis retratos de bautizos de amigos, de familiares...
En fronte da cama teño dous armarios grandes. Nun teño a roupa que uso para salir, e noutro as sabas e tamén a roupa que uso para andar pola aldea. Os dous armarios teñen un espello por diante.
En fronte da cama teño dous armarios grandes. Nun teño a roupa que uso para salir, e noutro as sabas e tamén a roupa que uso para andar pola aldea. Os dous armarios teñen un espello por diante.
11/01/15
A MIÑA HABITACION
A miña habitación non é nin grande nin pequena. Está pintada de cor azul. Nela teño un escritorio para estudar, unha lámpada, tres enchufes, unha ventá grande, unhs andeis no que teño os libros de instituto, unha mesiña, unha cama.
Na habitación é onde paso máis tempo, alí fago os deberes, estudo, escoito música, ando co ordenador, coa tablet é co móbil e xogo aos vídeo-xogos.Tamén debuxo, que é algo que me gusta moito facer. Velai aí o debuxo da miña habitación.
09/01/15
A MIÑA HABITACIÓN
A miña habitación é de cor morada. Ao principio era de cor branca, pero ao quitar boas notas deixáronma poñer da cor que eu quixese. Elixín o morado porque me gusta esa cor e é a miña preferida. Toda a xente que entra no cuarto xa sabe que é o meu pola súa cor e pola roupa da cama.Teño unha cama bastante grande na que hai unha manta que vai a conxunto coas paredes. Ao lado está unha mesiña na que puxen cadros con fotos nas que saio. Ao fondo está o escritorio onde teño libros, os dicionarios e onde fago os deberes, por suposto. Teño un roupeiro tamén a conxunto co resto da habitación. O chan é de plaqueta, pero quero poñer tarima flotante porque me gusta. No chan teño dúas alfombras que están a conxunto con toda a habitación.
A habitación é moi acolledora porque está á beira da cociña e é a que sempre está máis quente. Polas tardes sempre vou para alí a facer os deberes e despois estou co móbil ou co ordenador. Despois desta descripción, creo que quedou claro que a miña habitación é moi bonita e me gusta moito. Se alguén entrase por primeira vez na miña habitación, penso que se fixaría nas fotos que teño na mesiña, ao lado da cama, tal como podedes ver na foto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
