Despois
xubilareime e vivirei traballando algo, pero pouco, só nos labores da
casa: horta, algún gando para un diñeiro extra.
Jorge Iglesias Rouco 2B
| A miña leira, que agora ten nabos |
| í |
| Muíño de Belmil |
| O meu lugar favorito |
![]() |
| O rio catasol |
![]() |
Vivo nun piso en Melide, na zona do palacio de congresos, pero a rúa e a zona na que vivo non me gustan moito. Gústame moito máis o sitio no que paso os fins de semana. O que menos me gusta de Melide é vivir nun piso, a pesares de que o meu edificio ten un portal de pedra e o meu piso é bastante grande.![]() |
| Cruceiro de Santa María de Melide |
![]() |
| Igrexia de Santa María de Melide |
![]() |
| o mellor castiñeiro da aldea |
![]() |
| Igrexa de San Antolín de Toques, A Capela. |
BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña
No verán ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.
¡Qué saben desto os nenos da vila!
Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un fantasma bretemoso en cada árbore.
A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre “cando está de Deus”, como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rímos, pero somos
tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos.