14/06/18
17/03/17
10/03/17
07/03/17
03/03/17
20/02/17
30/05/16
CORREMELIDE NAS ONDAS
No curso de 1º A de ESO decidimos facer un programa de radio, Corremelide nas ondas, aproveitando a información e coñecementos que adquirimos nas áreas de ciencias sociais, educación física, bioloxía...
Este programa emitirase en Famelide, a radio do instituto no 90.5 FM ou na nosa web Falamelide. Velaí o resultado.
09/05/16
Camiño á escola
Moitas veces non reparamos en que vivimos nun mundo no que case todo é fácil e cómodo: comemos cando temos fame, se nos atopamos mal temos un centro médico cerca, as nosas casas son cómodas e confortables... Tampouco nos decatamos do fácil que é vir a escola e do importante que é poder acudir todos os días. Non somos conscientes de que pertencemos a esa pequena porcentaxe de privilexiados que temos cubertas as nosas necesidades primarias.
Para non perder o norte, esta semana imos ver na clase o fermoso documental Camino a la escuela, que nos conta o camiño que catro nenos de distintos puntos do planeta teñen que facer cada día para beneficiarse dun dos seus dereitos fundamentais, a educación.
Despois faremos este pequeno cuestionario para obrigarnos a pensar un pouco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)