- Resume nun máximo de sete liñas o contido do vídeo.
- Explica o título, centrando sobre todo nas cualidades do fume.
- Busca algún refrán coa palabra "fume"
- Cres que esta curtametraxe nos pode contar algo máis que a historia dun vendedor?
- Imaxina que tes que facer ti unha curta con este mesmo argumento pero máis real, situada na Galicia do ano 2014. Describe brevemente quen sería o/a "vendedor/a", que vendería, quen serían os seus clientes e como acabaría a historia.
20/11/14
UNHA CURTA MOI ESPECIAL: EL VENDEDOR DE HUMO
Velaí unha curtametraxe que levou unha chea de premios: El vendedor de humo, que levou unha chea de premios hai dous anos. Mírao con atención e fai as actividades que están abaixo.
19/06/14
14/02/14
QUINCENA DOS NAMORADOS
A Candeloria celébrase o 2 de febreiro e nela os cregos bendicen as candeas que os fieis deben ter accesas durante a misa e que logo levan as casas para que os protexan nas treboadas.
A Candeloria é tamén unha festa que celebra a proximidade da primavera, Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, e o tempo no que as aves se aparean, Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola, polo que en Galicia celebramos o día dos namorados.
Outro día máis coñecido no mundo occidental como día dos namorados é o 14 de febreiro, día de S. Valentiño. Nas clases de reforzo aproveitamos o tema de traballo da biblioteca "Un ano de película" e escollimos e comentamos uns cantos bicos de película.
13/02/14
Teño 40 anos
Chámome Sandra e teño 40 anos. O meu aspecto cambiou sobre todo
polas engurras,teño peor os osos, sobre todo os das pernas. Polo
demais consérvome bastante ben. O pelo rizóuseme bastante como eu
quería desde pequena. Medrei cambiou ahora son mais tranquila, mido
máis ou menos 1,70 m.
Penso que o meu carácter cambiou, agora son máis tranquila , pero a miña forma de ser penso que é igual.
Penso que o meu carácter cambiou, agora son máis tranquila , pero a miña forma de ser penso que é igual.
Agora
vivo en Madrid co meu marido e os meu dous fillos: Chrístian
de 7 anos, e Estéban de 4 anos.
Temos
dous coches, un Audi vermello, e un Megane azul. O audi vermello é
meu e o megane é do meu marido. Vivimos cerca de un supermercado, no
que traballo eu. Cando o meu marido está de vacacións, pode
quedar na casa cos nenos mentres eu vou traballar. Normalmente, eu
levántome ás 8:15 porque teño que preparar o almorzo, ducharme,
lavar os dentes, e deixarlle o almorzo e a roupa aos nenos para ir o
colexio, que entran as 10:00. Cando volvo teño o xantar feito,
porque está miña sogra na casa. Os nenos chegan a 13:45 a casa e eu
chego as 14:15.
Meus
pais e meu irmán viven en Villamor, e están moi contentos. Cando a
min me dan as vacacións imos unha semana a casa de meus pais.
No
tempo libre, axúdolles aos meus fillos cos deberes e fágolles a
merenda. Cando podo, xogo con eles.
Penso
que a miña vida non cambiará, estou contenta co que teño, mesmo a
miña vida pode ir a peor dependendo de canto me paguen... Porque si
o pensamos ben, dous fillos, un marido e eu gastamos bastante.
Agora
como na segunda avaliación os meus fillos sacaron moi boas notas e
ningún suspendeu ningunha, eu máis seu pai decidímoslle facer un
regalo. Preguntámoslles que animais lles gustaría ter a cada un no
piso como mascotas e Christian quixo un can dos que non medran, e
Esteban un hámster. Ao principio creímos que era demasiado, pero
logo pensámolo e comprámoslles cadansúa mascota. Christian
chamoulle Wyllyan o seu can, e Esteban Switte ao seu hámster.
Quedaron
moi contentos cos animais, e nos tamén moi contentos con eles.
SANDRA
VARELA GARCÍA 2ºb
TEÑO 40 ANOS
Os
meus avós non viven, os meu pais son maiores,
lévome ben cos meus irmáns. Vivo coa miña parella, teño un
neno que se chama Manuel, e unha nena que se chama María. Vivo en
Melide, porque me gusta, e traballo aquí como profesora de gardería. Tamén traballo como deseñadora de moda. Gaño moitos cartos,
aínda que traballar en dúas cousas e bastante difícil. Estes foron
e son os traballos que sempre me gustaron. Agora no meu tempo libre
gústame ir cos meus fillos e coa miña parella ao centro comercial.
O
futuro non se pode predicir, máis aínda cando nos queda moita vida
por diante, pero penso que seguirei vivindo onde vivo e traballando
no mesmo, e cando me xubile gustaríame estar cos meus netos.
Nerea
Loureiro Gómez, 2ºB
04/02/14
Teño 40 anos
Teño
o pelo branco, engurras na cara, estou delgada porque non como nada.
Traballo nun restaurante en Bilbao e gaño o suficiente. Son un
pouco menos cortada que cando era nova.
Morréronme meus avós cando tiña 20 anos. Non teño fillos porque non quixen telos. Vivo co meu pai, nun barrio de Bilbao. Gústame ir as festas e saír polas tardes e as noites. Tamén me gusta ir de paseo cos meus amigos. No futuro seguirei vivindo onde vivo agora en Bilbao. Cando me xubile quero ir de vacacións a Inglaterra e visitar os sitios que hai alí e á miña familia
Morréronme meus avós cando tiña 20 anos. Non teño fillos porque non quixen telos. Vivo co meu pai, nun barrio de Bilbao. Gústame ir as festas e saír polas tardes e as noites. Tamén me gusta ir de paseo cos meus amigos. No futuro seguirei vivindo onde vivo agora en Bilbao. Cando me xubile quero ir de vacacións a Inglaterra e visitar os sitios que hai alí e á miña familia
Paula
Barallobre Ayude, S2C
TEÑO 40 ANOS
Eu son un home delgado e alto.Cambioume a cor do pelo. De momento non teño fillos nin parella. Traballo de carpinteiro xa que me gusta e gaño moitos cartos. O que máis me gusta no meu tempo libre os videoxogos como cando era rapaz, e cando podo tamén me gusta ir ao Bernabeu ver algún partido do Real Madrid. Os meus amigos téñenme por simpático e gustame estar de troula.
Carlos Rouco, 2º C de ESO
Teño 40 anos
Si
me imaxino con 40 anos sería:
Ainda
que pensaba que non ía medrar máis, cheguei a medir 1,60. Agora
púxoseme o pelo loiro, xa que antes tíñao marrón. Cando era
pequena era moi tímida e agora son aberta e extrovetida, encántame
saír cos amigos e estar coa familia, tamén me gusta viaxar, o meu
soño sería ir a Nova York, aínda que non o conseguín, sigo
intentando ir alí. Algúns dos sitios que cheguei a visitar foron
París, Londres, Madrid...
Vivo
nunha cidade, nun piso de Bilbao, en Portugalete. Non teño ningunha
queixa de vivir alí, ao contrario, gústame moito este lugar.
Traballo na ITV en Bilbao, nas oficinas, traballando aquí fixen
novos amigos pero sigo botando de menos a miña terra Galicia. Vou en
vacacións para ir visitar a meus amigos e algúns familiares, xa que
a metade de nós viñemos para aquí.
Os
meus pais seguen vivos, están ben, coma sempre como o resto dos meus
familiares.
Gústame
ler, cousa que antes non me gustaba, tamén me gusta pasar o tempo
cos amigos.
Cando
me xubile gustaríame seguir facendo o que fago, divertíndome cos
meus amigos, familiares...
Lévome
moi ben con todos os meus familiares, por sorte teño o diñeiro
necesario para vivir, e estou feliz por ter esta vida.
NOELIA CEA 2C
NOELIA CEA 2C
03/02/14
Teño 40 anos
Despois
xubilareime e vivirei traballando algo, pero pouco, só nos labores da
casa: horta, algún gando para un diñeiro extra.
Jorge Iglesias Rouco 2B
30/01/14
Teño 40 anos
Teño
40 anos, non sou gordo nin delgado teño o pelo negro máis os ollos
marróns, son máis alto que cando tiña 15 anos, mido 1,80 m. Estou traballando nun taller en
Vila de Cruces. Miña irma vive en A Coruña, mais meu irmán en
Melide. Meus pais tamen viven en Melide. Vivo coa miña parella máis
cos meus dous fillos en Melide.
Cando
marcho traballar levo aos meus fillos ao instituto de Melide.
Todos
os meses páganme 1500 euros e teño catro coches: un Mustang, un
Peugeot 306 turvo, un Audi A5 mais un BMW M5. Meu pai deume o meu
primeiro coche, que foi o que tamén el primeiro comprou. Despois
comprei un Mustang e logo, máis tarde, o BMW M5. O Audi A5 é da miña
parella.
BORJA VÁZQUEZ GARCIA. 2eso b
TEÑO 40 ANOS
O meu aspecto agora é moi distinto ao de antes. Agora teño moitas canas non estou nin gordo nin delgado, estou normal, peguei un bo estirón. A miña forma de ser non cambiou moito, creo que son agradable, pódese dicir que simpático, porque me gusta facer chistes. Son alegre non me gusta estar amargado.
Os meus avós xa non viven, morreron hai dez anos e os meus pais non están mal de saúde, pero xa non son novos. Lévome ben cos meus irmáns e vivo coa miña parella, pero non teño fillos. Eu vivo en Melide porque xa de rapaz vivía aquí e gústame. A min gústame o meu traballo, son mecánico que era o meu soño dende neno. Gaño os cartos suficientes para vivir ben. Non traballei antes en outras cousas. O que me gusta facer no meu tempo libre é ir de caza e ir comer por aí coa familia e cos amigos. Divírtome vendo sitios.
Eu creo que no futuro vou seguir vivindo no mismo sitio e traballando no mesmo. Cando me xubile gustaríame ir para a aldea ter uns animaliños e estar ao meu aire.
Os meus avós xa non viven, morreron hai dez anos e os meus pais non están mal de saúde, pero xa non son novos. Lévome ben cos meus irmáns e vivo coa miña parella, pero non teño fillos. Eu vivo en Melide porque xa de rapaz vivía aquí e gústame. A min gústame o meu traballo, son mecánico que era o meu soño dende neno. Gaño os cartos suficientes para vivir ben. Non traballei antes en outras cousas. O que me gusta facer no meu tempo libre é ir de caza e ir comer por aí coa familia e cos amigos. Divírtome vendo sitios.
Eu creo que no futuro vou seguir vivindo no mismo sitio e traballando no mesmo. Cando me xubile gustaríame ir para a aldea ter uns animaliños e estar ao meu aire.
Adrián Couso, S2C
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)